A Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais convoca aos seus asociado/as a unha Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro, ás 18,00 horas en primeira convocatoria e ás 18, 15 horas en segunda convocatoria, na biblioteca da escola, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

 

  1. Lectura e aprobación do acta da anterior asemblea.
  2. Estado e publicación das contas.
  3. Estado das actividades extraescolares.
  4. Colaboración con 4ºESO para a viaxe.
  5. Propostas para organizar charlas para alumn@s e/o pais/nais.
  6. Estado da zona do aparcadoiro.
  7. Opcions ao chándal de primaria.
  8. Rogos e preguntas.

A reunión esta aberta a tódolos pais, nais e tutore/as, pero so terán dereito a voto o/as socio/as que estén o día dos seus pagos.

Contamos coa vosa asistencia.

A Xunta Directiva